O PP Cabanas asiste á inauguración do Polo do Emprendemento
- PP Cabanas
- Dec 29, 2022
- 1 min read
Esta mañá tivemos ocasión de asistir á inauguración do centro ou polo de emprendemento en Ferrol, realizada pola conselleira de emprego, María Jesús Lorenzana.

Este hub abarca e da servicio aos distintos concellos da zona de Ferrolterra, incluíndo Cabanas, e tamén únese a outros xa ubicados pola comunidade autonómica (cubrindo xa a metade do territorio). Pretende ser unha guía e asesoramento, sen trámites nin citas nin burocracia, para aqueles que desexen emprender. A mentoría realízase por emprendedores de éxito e empresarios. Ademais pódense usar as súas instalacións libremente para reunións ou similares.
Este tipo de iniciativas son tremendamente importantes para o noso texido empresarial. Dende o PP de Cabanas estamos moi contentos por esta rede que está a crear a Xunta de Galicia.
Lamentablemente sorprendeunos a ausencia do alcalde ou algún representante do Concello de Cabanas, maila haber sido invitados. Só quédanos pensar que para eles axudar a ter empresas, emprego e innovación no noso municipio non é unha prioridade que merezca a súa asistencia.


Comentários