O PP de Cabanas propón medidas para gañar poboación, clave para a próxima lexislatura
- PP Cabanas
- Apr 6, 2023
- 1 min read
❇️Un dos eixos nos que se basa o noso programa electoral, e define por tanto as distintas actuacións a realizar nos vindeiros anos é acadar un aumento de poboación.
➡️Evitar unha reducción do censo, e mesmo conseguir aumentalo é clave para que en Cabanas siga habendo comercios, movemento, recaudación de impostos e, en definitiva, sexamos un municipio con vida, futuro e prosperidade.
Por iso, non escatimamos en medidas e propoñemos:
1️⃣Reducción temporal do IBI a aqueles que merquen unha casa e a reformen para vivir aquí.
2️⃣Reducción temporal do IBI a aqueles que reformen e melloren en termos de eficiencia enerxética a súa casa.
3️⃣Solucionar o atraso e demora en emisión de licencias que estamos a vivir, algunhas do 2021.
4️⃣Aprobar o PXOM que na anterior lexislatura deixamos aprobado provisionalmente para así poder fomentar un crecemento urbanístico legal e ordenado.
5️⃣Axudas de distinta índole a aqueles que emprendan un negocio no noso Concello.
6️⃣Además das axudas, un asesoramento e acompañamento real por parte nosa para obtelas.
7️⃣Ampliar a rede de saneamento ás casas que aínda non o teñen.
8️⃣Becas a aqueles estudiantes universitarios que, vivindo en Cabanas, estuden fora, desprazándose diariamente. A beca será indistintamente para transporte público ou privado.
9️⃣Reducción temporal do imposto de vehículos a aqueles que o renoven por un eléctrico.
1️⃣0️⃣Facilitar e promover que as empresas de telecomunicacións instalen fibra óptica onde aínda non está.

Comments